Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na cidade de El Alto

Prostitutas de Bolivia ameazan con enterrarse vivas polo peche dos bordeis

Atópanse en folga de fame e coseron os beizos como medida de protesta contra a medida decretada polo alcalde.

Redacción - 10:47 25/10/2007

As prostitutas da cidade boliviana de El Alto, próxima á capital, La Paz, iniciaron unha serie de accións de protesta para demandar que volvan abrir os seus locais de traballo. Os bares, discotecas e bordeis en que traballaban foron saqueados por unha multitude descontrolada e logo pechados polo concello.

As prostitutas atópanse dende o luns en folga de fame. O día seguinte, dirixentes dunha asociación de locais de diversión uníronse a elas para apoialas. O mércores, as mulleres decidiron coser os seus beizos con fío como un paso máis na súa loita. Para o xoves tiñan previsto enterrarse vivas, como anunciou unha representante das traballadoras nocturnas da cidade: “Farémolo se non nos escoitan de inmediato. O alcalde vai levar na súa conciencia calquera consecuencia grave, como a morte das miñas compañeiras”.

O alcalde, Fanor Nava, dixo que non pensa revisar o peche masivo dos prostíbulos, que decretou a semana pasada despois dunha serie de manifestacións violentas contra eses negocios. De feito, representantes de estudantes tamén están en xaxún para esixir o peche definitivo dos estabelecementos nocturnos.

Pola súa banda, os hostaleiros alertan da posibilidade de que a clausura indefinida dos locais provoque máis conflitos sociais, pois afectaralles, ademais de aos empresarios e ás prostitutas, a camareiros, cociñeiros, taxistas e vendedores ambulantes.

Segundo un informe do alcalde de El Alto, cidade de preto dun millón de habitantes, a semana pasada funcionaban máis de 2.000 bordeis, bares e discotecas, dos que máis do 70 por cento eran ilegais.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: