Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O control do patrón non pode invadir a intimidade

O Supremo impide espiar o e-mail dos traballadores

Esta é a primeira sentenza xeral sobre os límites das compañías no control do uso dos computadores por parte dos empregados.

Redacción - 10:43 24/10/2007
Acceder a páxinas non laborais ou ler o xornal a primeira hora da mañá non poderá ser motivo de despedimento

Acceder a páxinas non laborais ou ler o xornal a primeira hora da mañá non poderá ser motivo de despedimento

As empresas non poden ollar o que os seus traballadores teñen nos computadores para saber que fan na súa xornada laboral, sobre todo se non falaron antes cos seus empregados dos límites que ten o uso desta ferramenta de traballo.

Se os xefes meten os fociños nos computadores dos seus empregados, daquela estarían vulnerando o seu dereito á intimidade, de acordo coa Constitución Española, o Convenio Europeo para a protección dos Dereitos Humanos e o Estatuto dos Traballadores.

A primeira empresa collida na allada, a Coruñesa de Etiquetas SL
O Supremo apoiou a cualificación de despedimento improcedente formulada polo TSXG e os Xulgados do Social da Coruña a un recurso interposto pola empresa Coruñesa de Etiquetas SL (Coreti).

O 11 de maio de 2005, esta compañía chamou a un técnico para "comprobar os fallos nun computador" que usaba un traballador. Sen a presenza do empregado nin de ningún sindicalista, o técnico detectou un virus, debido á "navegación por páxinas pouco seguras da internet". Xa coa compañía do administrador da empresa, descobren un cartafol de arquivos temporais con "antigos accesos a páxinas pornográficas". A compañía daquela gardou todo nun USB e entregoullo, xa impreso, a un notario. Tiñan pensado despedir o traballador. Todo foi feito sen que estivese presente o empregado, mais si os delegados de persoal, que apareceron nun segundo rexistro do computador.

O empregado recorreu o seu despido no Xulgado do Social, que lle deu a razón en 2005. Mais agora o caso chegou ao Supremo, que volveu apoiar os dereitos do traballador, cunha sentenza, -a primeira-, que unifica a doutrina sobre os límites das compañías no control do uso que fan dos medios telemáticos os seus empregados.

Que podes e que non podes facer no choio co teu computador, ou co móbil?
O disco duro do teu computador, como o teu armario persoal, ou os teus efectos persoais, non poden ser rexistrados, segundo esta sentenza.

Mais has de ter coidado co envío masivo de mails humorísticos, sexistas e mesmo obscenos, que xa teñen sido causa de despedimento. Pola contra, ler o xornal a primeira hora da mañá ou visitar unha páxina non profesional de vez en cando non pode considerarse motivo de despedimento.

Podes falar polo móbil da empresa con quen queiras, que segundo vellas sentenzas do Supremo, ninguén pode espiar as túas conversas (outra cousa é como se xustifiquen as facturas e o rexistro de números aos que chamas), mais o que si poden rexistrar é o e-mail profesional.


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: