Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CONSULTORA TECNOLÓXICA

Coremain ampliará o seu persoal con 70 traballadores TIC

A firma compostelá presenta un concurso de ideas empresariais para universitarios como parte do seu plano de expansión até 2009.

Redacción - 16:31 15/10/2007

A consultora tecnolóxica galega Coremain aspira a aumentar o seu cadro de persoal até os 350 profesionais en 2009, fronte aos 280 que dispón na actualidade. Dentro de dous anos, a firma santiaguesa quere alcanzar os 25 millóns de facturación, fronte aos 16 millóns de 2006.

Buscando emprendedores
Así o fixo público Coremain nun comunicado no que presentaba un concurso de ideas empresarias para emprendedores universitarios. O premio será a creación dunha empresa, constituída a partes iguais por Coremain e polo gañador, para facer realidade o proxecto do estudante na sede da consultora.

O prazo de presentación de ideas remata o 14 de decembro e as bases do concurso poden consultarse en liña.


3,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: