Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Confirma que o escolta era o obxectivo

O goberno vasco atribúelle á ETA o atentado deste martes en Bilbo

O gardacostas ferido ao estourar unha bomba no seu coche protexe habitualmente a un edil do PSE-EE que se atopa de vacacións.

Redacción / Axencias - 16:57 09/10/2007

O Departamento de Interior do goberno vasco atribuíulle á ETA o atentado cometido este martes en Bilbo no que resultou ferido o escolta do concelleiro do PSE-EE de Galdakao Juan Carlos Domingo.

Gabriel Ginés, de 36 anos de idade e natural de Zaragoza, presenta queimaduras de segundo e terceiro grao no 4% do seu corpo, con feridas nas mans e na cara, aínda que permanece consciente e mantén "boas" constantes vitais, segundo fontes de Osakidetza (servizo de saúde vasco).

Investigación
O artefacto estourado ao redor das 13.30 horas na rúa Zamakola, situada no barrio bilbaíno de La Peña, é, segundo as primeiras investigacións, unha bomba-lapa, composta por un quilo de amonal e colocada na parte posterior dereita do coche, ao carón do depósito de gasolina.

O Departamento de Interior do goberno vasco precisou que o vehículo é un Renault Megane, asignado ao servizo de escoltas, e que pertence á empresa de seguridade privada, Seguriber, que presta servizos para o goberno do Estado Español.

Xa que logo, o turismo non era o vehículo particular do gardacostas ferido, como informara o citado departamento con anterioridade.

O gardacostas foi atendido no lugar e, posteriormente, evacuado nunha UVI móbil ao Hospital de Cruces (Barakaldo, Bilbo) para ser atendido.

Ao parecer, a bomba estoupou no momento en que procedeu a abrir o vehículo. O edil socialista non se atopaba no interior do coche xa que estaba de vacacións en Valencia.

Obxectivo: o escolta
Precisamente, Juan Carlos Domingo mostrouse convencido de que o atentado "foi preparado máis contra el que contra min", xa que se realizou contra o coche que habitualmente usa o escolta. Esta teoría foi confirmada a primeira hora da tarde polo goberno vasco.

Ademais, un total de tres persoas resultaron feridas, con lesións de carácter leve, afectadas pola onda expansiva, segundo fontes do Departamento de Interior vasco.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: