Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SOBERANÍA VASCA

Ibarretxe fixa a consulta para o 25 de outubro de 2008

O lehendakari defende o dereito a abrir un proceso propio para superar o conflito político e decidir o futuro

Redacción - 12:02 28/09/2007

Ibarretxe deu este venres un histórico paso á fronte. Diante do parlamento, Ibarretxe anunciou a determinación do seu goberno de convocar para o vindeiro 25 de outubro de 2008 un referendo non vinculante onde os vascos expresen a súa vontade política de cara o futuro. A data elixida coincide co aniversario do Estatuto de Guernika

No pleno, Ibarretxe anunciou que este será o último paso dentro dunha “folla de ruta” que se inicia para lograr un novo estatus político para Euskadi. O lehendakari subliñou que “non estamos diante dun problema xurídico, é de vontade política”. Insistiu que a súa proposta, que comezou a debullar no coñecido Plan Ibarretxe, é para “canalizar a solución do conflito”.

O presidente vasco asegurou que ETA non pode ser unha excusa para coutar a decisións dos vascos. Ibarretxe insistiu na idea de que o proceso aberto significa darlle “a chave democrática” aos cidadáns: “Négome a aceptar que non se poden presentar iniciativas políticas até que ETA non dea permiso para facelo, declarando unha tregua”.

Poden ampliar información en Deia, El Correo e Gara.


Documentos

4,17/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: