O presidente do PPdeG sinala que “as leis son para todos e non pode haber distincións”.
Vista aérea do inmóbel / Foto: Turgalicia
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, avalou a postura da Consellaría de Cultura con relación ao Pazo de Meirás. O líder conservador di que é lóxico que o departamento nacionalista acuda ao xulgado para poder entrar na propiedade da familia Franco porque “as leis son para todos e non pode haber distinción de apelidos”.
Núñez Feijoo non quixo entrar na polémica actuación da anterior Xunta. Esta semana sóubose que en 1992 a Consellaría de Cultura certificou o bo estado do edificio sen chegar a entrar no inmóbel.