A nave formaba parte dunha unidade da loita contra os lumes forestais.
Pouco antes das 11 da mañá desta quinta feira, un helicóptero do exército estrelouse no concello de Baleira, na bisbarra da Fonsagrada. No accidente resultaron feridos dous militares, entre eles un destacado oficial, o xeneral Fernando Torres González. Até o lugar dos feitos desprazáronse equipos de emerxencias que trasladaron os feridos a centros sanitarios.
Segundo as primeiras informacións, formaban parte de unidades desprazadas para a loita contra o lume.