Afirman que a promotora das instalacións mercou os terreos cando a Xunta entrou no proxecto.
A polémica sobre o emprazamento de Reganosa en Ferrol non se detén. O xornal El País, na súa edición galega, publica este luns que a propietaria do solar onde está a planta de gas era socia do daquela conselleiro de Economía, Xosé Antón Orza. Segundo este medio, a parcela era propiedade de Forestal del Atlántico. O conselleiro popular era socio desta por medio da sociedade Intasa, que posuía o 31% do capital da primeira empresa.
A información lembra que o titular de Economía presidiu o grupo de traballo que se encargou de involucrar á Xunta e a o resto de socios privados en Reganosa. A empresa Intasa foi unha das que máis axudas recibiu do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). O organismo dependía directamente da Consellaría de Economía.