“Só busca desactivar o proxecto independentista vasco”. A banda enviou unha nota aos xornais Gara e Berria esta madrugada.
No primeiro comunicado da banda logo de rachar a tregua formalmente o 5 de xuño, responsabiliza ao Goberno estatal do fracaso do proceso de paz, e ameaza con “seguir a golpeando as estruturas do Estado español en todas as frontes, até conseguir uns resultados que permitan defender todos os proxectos políticos" en Euskadi. En canto ás negociacións frustradas co goberno socialista, afirma que "só busca desactivar o proxecto independentista vasco".
A nota foi enviada esta madrugada ás publicacións Berria e Gara, e nela a ETA recoñécese autora da colocación de varios artefactos explosivos en Belagua (Navarra), polo paso do Tour, o 25 de xullo, o atentado na Casa Cuartel da Garda Civil en Durango, a explosión dunha furgoneta en Castellón tres días despois e o último ataque, o domingo pasado, na Rioxa.