Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENSINO INFANTIL

As galescolas botan a andar no medio de furibundos ataques mediáticos

Diferentes xornais madrileños publicaron polémicos artigos nos que se chega a dicir que os centros van facer unha Galiza "cada vez máis parroquiana e menos cosmopolita".

Redacción - 18:10 03/09/2007
As primeiras galescolas comezaron a funcionar este luns

As primeiras galescolas comezaron a funcionar este luns

A Rede Galega de Escolas Infatís, as galescolas, comezou este luns a súa andaina. A iniciativa, que pretende facilitar a escolarización dos nenos na lingua do país, está a ser obxecto tamén de particulares ataques mediáticos. Durante a fin de semana os xornais madrileños El Mundo e periodistadigital.com publicaron amplas reportaxes contrarias aos novos centros. Algunhas, como as deste último medio, especialmente agresivas ('A Galiza paleta das galescolas', chegaron a titular nun primeiro momento). O artigo, co cabeceiro modificado, aínda pode lerse na rede.

No caso de El Mundo, o texto comeza cunha rebuscada referencia a Rosalía de Castro e aos seus versos de “Pobre Galicia non debes / chamarte nunca española”. Pouco despois asegúrase que “simplemente é un poema escrito por unha bastarda filla de cura hai 150 anos”. Logo da estraña digresión, pasa a comparar as galescolas coas ikastolas vascas “hoxe fomentadoras do nacionalismo excluinte e furibundo”. No mesmo artigo, a deputada popular Manuela López Besteiro asegura que hai “un partido que quere xerar unha guerra lingüística”.

A pesar das críticas, Quintana mantense firme na súa aposta e lembra que cando remate a lexislatura vai haber 120 centros en todo o país, “tamén no medio rural, o que favorecerá o reequilibrio territorial”. Preguntado polos ataques mediáticos, Quintana limitouse a dicir que algúns eran “penosos e insultantes”.


5/5 (22 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: