Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Vivenda

O importe medio das hipotecas xa se achega aos 120.000 euros

Os últimos datos revelan que o custe subiu en Galiza un 2,2%.

Redacción - 13:12 03/09/2007

O importe medio das hipotecas sobre vivendas no noso país situouse en xuño en 119.257 euros, un 2,2% máis ca no mesmo mes de 2006. O informe publicado polo instituto de estatística español (INE) sitúa os prezos máis elevados na metade oeste de Galiza, cunha media de 126.506 na provincia de Pontevedra e de 120.947 fronte aos 107.614 de Lugo e os 108.460 de Ourense.

Malia a suba, o importe das hipotecas en Galiza segue un 19,9% por debaixo da media estatal, que se atopa en 148.715 euros, un 6,1% máis ca un ano antes e un 1,4% inferior ao importe de maio de 2007. O tipo de xuro medio dos empréstitos hipotecarios concedidos por caixas de aforro foi do 4,68% e o prazo medio de 27 anos, mentres que os bancos prestaron a un 4,65% por un período de 26 anos de media.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: