Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Este venres en Arxentina

Estrea de Cataluña fronte a Ecuador no Campionato Mundial de Fútbol Sala

Os cataláns participan xunto con outras dezaseis seleccións na competición que se celebra en Mendoza, Arxentina.

Redacción - 09:30 30/08/2007

A novena edición do Campionato Mundial de fútbol sala comeza este xoves na provincia arxentina de Mendoza, coa participación de 16 países, entre eles Cataluña. Esta competición está organizada pola Confederación Arxentina de Fútbol Sala, co aval da Asociación Mundial de FutSal, AMF.

A selección catalá de fútbol sala compite no grupo B, onde lle tocará enfrontarse a Ecuador, Italia e Paraguai. Velaí todos os grupos:

Grupo A: Arxentina, Bélxica, Uruguai e Noruega. Grupo B: Paraguai, Cataluña, Ecuador e Italia. Grupo C: Colombia, República Checa, Venezuela e Canadá. Grupo D: Bolivia, Rusia, Perú e Costa Rica.

A final será o próximo 9 de setembro. Así e todo, compre sinalar que a competición está organizada de costas á FIFA que hai anos tomou o control do negocio do fútbol sala internacional e organizada o seu propio Mundial.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: