Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En Ames e O Pino

A ARMH prepara a investigación de foxos na comarca compostelá

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica localizou outras dúas foxas onde habería até once corpos de persoas asasinadas en 1936.

Redacción - 09:30 27/08/2007

O 20 de agosto de 1936 unha ducia de persoas detidas, entre eles nove concelleiros de Boimorto, foron divididas en dous grupos e trasladados a varios lugares onde os executaron extraxudicialmente.

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica localizou dous foxos. O primeiro na zona d'O Amenal, no Concello do Pino, moi preto do aeroporto compostelán de Lavacolla. Aló agardan recuperar os corpos de Isidro Filloi López (de Parabico), Andrés Filloi López (de Andabar), Ramón Vázquez Garea (de Cheda), Ramón Sánchez Rapela (de Orros) e Caitán das Quintas (de As Quintas).

A continuación, o equipo de arqueólogos dirixido por Javier Ortiz vaise trasladar até Ames, onde tamén coa axuda de voluntarios pasarán a exhumar os corpos de Manuel Espiñeira (de Bertomil), Ramón Enjamio Pombo (de Gándara), Antonio Felpete Budiño (de Os Curras), Juan Martínez Bao (de Boimorto), Xosé Tojo (de Cardeiro) e Xosé Barreiro Pérez (de Cardeiro).


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: