Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ofrecen recompensas por información dos incendiarios

Sobe a 60 o número de mortes polos incendios en Grecia

O lume achegouse á Antiga Olimpia, no sur do país, malia que os servizos de extinción conseguiron controlalo, impedindo que se achegase á zona histórica.

Redacción - 09:30 27/08/2007

O lume aproximouse a poucos metros do museo e preto do estadio onde antigamente se celebraban os Xogos Olímpicos e finalmente, o incendio non lle afectou aos históricos monumentos.

Os equipos de extinción seguen os traballos e este domingo informábase do abrollo de até 63 lumes máis. Nesa xornada, morreron catro personas máis na zona de Evia e dúas no Peloponeso. Por outra parte, o executivo grego informou do ofrecemento de recompensas por valor de entre 100 mil e un millón de euros por información que se demostre de axuda para a captura dos incendiarios responsábeis da vaga de lumes.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: