Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INICIATIVA NA REDE

Un manifesto pide que o 'Día da Hispanidade' se traballe con normalidade

Lembra que en Galiza xa hai unha festividade nacional propia.

Redacción - 14:05 25/08/2007

O traballo como forma de protesta. Isto é o que propón o blog galiza-sosego para o vindeiro 12 de outubro, “Día da Hispanidade”. A páxina elaborou un manifesto no que, á vez que recolle sinaturas, pide á sociedade galega que renuncie ao día festivo: “Galiza non pode parar un día porque dende o estado hespañol decidan celebrar unha festa allea a nós. Os galegos e galegas xa celebramos o Día Nacional de Galiza ou Día da Patria o pasado 25 de xullo”.

O manifesto reivindica que o vindeiro 12 de outubro sexa un día completamente normal a todos os efectos: “Os que teñan algunha enfermidade que esixan a vez para o seu médico, as nais e pais que esixan as aulas abertas...”


4,5/5 (24 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: