Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
NA LOCALIDADE VASCA DE DURANGO

ETA fai explotar un coche bomba diante dun cuartel da Garda Civil

Dous axentes sufriron feridas de escasa importancia no primeiro atentado logo de que se anunciara a fin da tregua.

Redacción - 09:15 24/08/2007
Tags: atentado ETA
Imaxe da furgoneta estourada na madrugada deste venres

Imaxe da furgoneta estourada na madrugada deste venres

ETA reapareceu pasadas as tres da madrugada deste venres. Segundo as primeiras versións, un individuo encarapuchado aparcou unha furgoneta nas inmediacións do cuartel instantes antes do atentado e fuxiu nun segundo vehículo que o agardaba. Un axente que vixiaba o inmóbel intentou activar sen éxito un inhibidor de frecuencia antes da explosión.

A consecuencia do atentado dous gardas civís resultaron feridos leves. Logo de seren atendidos nun centro sanitario foron dados de alta. O atentado é o primeiro dende o o pasado mes de xuño ETA anunciara que rachaba a tregua.


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: