Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O lixo enche as rúas dun cento de concellos

Fracasan as negociacións de Isolux coa UXT

Traballo mediará para estabelecer servizos mínimos logo de que os municipios advertisen dos "problemas sanitarios" polo lixo acumulado en catro días.

Redacción - 09:30 22/08/2007

Os traballadores iniciaron o paro o pasado domingo 19 e na altura deste martes, varios gobernos locais expresaron as súas queixas pola situación creada a pé de rúa, onde o lixo se acumula en pleno verán. Especialmente en municipios como Padrón e Dumbría, onde a folga aféctalle tamén á recollida de residuos orgánicos, de prolongarse a folga neste tempo os rexedores avisan da gravidade do problema.

Por este motivo, a Consellaría de Traballo comunicou a súa intención de mediar no conflito entre a empresa Isolux Corsán e os traballadores, liderados polo sindicato UXT-Galicia. O obxectivo é acordar uns servizos mínimos "aceptábeis" para esta folga indefinida, que mingüen o impacto sobre os 87 municipios afectados. De momento, os contactos entre empresa e sindicato non conseguiron aínda este acordo.

Mentres, os traballadores insisten no desafío das súas demandas, destacando os baixos soldos, por baixo do mínimo do salario interprofesional, as quendas dobres, horas extras apenas pagadas e salientan tamén outros déficits nas condicións laborais como, entre outros, o presunto mal estado dos camións de recollida.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: