Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Esta obra podería facilitar a extensión da alga tóxica Microcystis

ADEGA Esixe a paralización inmediata das obras da minicentral da Hermida en Cuntis

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) esixe a inmediata paralización das obras da central hidroeléctrica do Salto da Hermida no termo municipal de Cuntis polos danos de carácter irreversible no entorno, ó tempo que piden explicacións tanto ó Delegado Provincial de Medio Ambiente en Pontevedra como á Alcaldía de Cuntis por non ter feito o seguimento das obras, que a día de hoxe están a invadir mesmo camiños públicos.

ADEGA - 13:25 21/08/2007
Tags:

ADEGA lembra que esta é unha máis das agresións padecidas polo Umia, un río que é de vital importancia para o abastecemento de auga a máis de 100.000 veciños, polo que de non adoptarse as medidas de paralización e revisión do actuado anuncia a presentación das denuncias oportunas para evitar que unha vez máis o Umia se deixe en mans especulativas que atentan contra os intereses xerais   

Esta nova obra hidráulica no Umia representa a posibilidade de que se repita o problema ambiental e sanitario que se padecéndo coa Microcystis no encoro de A Baxe en Caldas, que obrigou ás autoridades da Xunta a adoptar medidas de protección para abastecemento de auga á poboación, con inxentes investimentos do erario público. Como é sabido esta microalga vólvese tóxica en augas estancadas e eutrofizadas, polo que non se pode consentir que a maiores do dano paisaxístico e ambiental se produzan prexuízos de carácter sanitario cando a única xustificación destas obras no Umia é o rendimento económico do río.

Asimesmo ADEGA lembra que no mes de setembro foi presentada no Concello de Caldas unha moción polo BNG, que foi aprobada polo pleno, pedindo á presidencia da Xunta de Galiza o estudio da viabilidade do desmantelamento do encoro como única medida para a erradicación da toxicidade producida pola Microcystis. ADEGA apoia esta petición que a día de hoxe non ten contestación por parte do goberno da Xunta, a pesares de que está avalada por diversos científicos de distintas universidades que ven necesaria para a recuperación integral do Umia a eliminación das obras que afectan ó cauce natural do río e que non se demostren estrictamente necesarias para o interese xeral.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: