Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SÍNTOMA DO GRAN ENDEBEDAMENTO DOS CONCELLOS GALEGOS

Caixa Galicia é a que máis cartos presta ás administracións públicas

O ano pasado pedíronlle 6 millóns máis, até acumular 242 millóns de débedas, segundo un informe da CECA.

Redacción - 09:30 21/08/2007

O grao de endebedamento das administracións públicas galegas é moi elevado, segundo se desprende do informe 'Responsabilidade Social Corporativa' publicado pola Confederación Española de Caixas de Aforros (CECA). E é que a principal entidade do país, Caixa Galicia, encabeza a clasificación das caixas que máis créditos teñen concedidos a entes públicos; por diante de Caja Madrid ou La Caixa, entidades que moven moitos máis cartos.

Caixa Galicia tiña prestados 242 millóns de euros ás administracións en 2006, fronte aos 236 do anos antes. É dicir, nun só ano os organismos públicos acumularon unha débeda de 6 millóns de euros coa entidade financeira galega, segundo informa Cinco Días.

O informe tamén sinala que son os concellos os que máis se endebedan. A nivel estatal acaparan o 91% dos cartos prestados. Dáse a circunstancia que o 25% da composición das Asambleas Xerais da entidade coruñesa (e tamén de Caixa Nova) está nas mans dos municipios do país.

Destaca as débedas do Concello de Madrid, con máis de 150 millóns que ten que devolver a Caja Madrid e Ibercaja.


4,5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: