Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Soterrados no Alto d'O Acebo

A ARMH atopa outra foxa onde poderían estar os restos do Comandante Moreno

Despois de recuperar até once corpos dos republicanos asasinados na Fonsagrada, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica atopou outro foxo común cos restos de até cinco persoas.

Redacción - 09:30 16/08/2007

Son once os corpos recuperados polo de agora nos foxos escavados. A primeira hora deste xoves, o equipo de arqueólogos e voluntarios da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica descubriu un segundo foxo común preto do do Alto do Acebo, en Grandas de Salime.

Despois dos restos encontrados a pasada fin de semana, os investigadores consideran agora que este novo foxo pode conter os corpos doutros catro membros do Batallón Galicia e do Comandante Moreno, xa que se sabe que foran enterrados en días posteriores ao 29 de outubro de 1937, o día no que se produciran os asasinatos doutros oito compoñentes do Batallón.

Acto pola memoria
Este mércores pola tarde, o salón de actos dos Chaos, n'A Fonsagrada, foi escenario dun acto en memoria do Comandante Moreno e dos seus compañeiros no Batallón Galicia. Aló estiveron os membros do equipo investigador que documentou o acontecido. Tamén apoiaron o evento o historiador Eliseo Fernández, o escritor Manuel Rivas, Luis Miguel Cuervo, membro fundador do grupo de investigación Frente Norte, Carmen G.Rodeja, especialista en etnografía local, e Santiago Macías, vicepresidente e fundador da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.


5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: