Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo denuncia o PSdeG

Ares ten unha débeda de tres millóns de euros herdada do anterior goberno

O alcalde socialista salienta o "grave prexuízo" para as arcas municipais que supón a "non aprobación dos presupostos deste ano.

Redacción - 09:30 15/08/2007
Xulio Iglesias

Xulio Iglesias

O alcalde do Concello de Ares (Ferrol), Xulio Ignacio Iglesias (PSdeG), denunciou a "pésima" situación económica na que se atopa, na súa opinión, o municipio na actualidade, a causa da "xestión realizada polos anteriores responsábeis municipais, con Xosé Manuel Cendán (PPdeG) á fronte".

O primeiro edil subliñou o "grave prexuízo para as arcas municipais" que suporía a non aprobación dos presupostos deste ano, o que obriga a traballar co documento de 2006 prorrogado e "axustado á baixa" no apartado de gastos.

Así, afirmou que esta situación supón unha "gran dificultade" á hora de afrontar os gastos parcialmente subvencionados, citando o Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña. Deste modo, segundo indicou Iglesias, "existen obras anteriores á toma de posesión que son imposíbeis de aprobar e, polo tanto, de pagar até que non exista dotación presupostaria".


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: