Segundo unha enquisa do Daily Mail, o 31% da poboación votaría a favor da creación dun estado soberano.
Alex Salmond, primeiro ministro escocés, xa afirmara logo de gañar as eleccións en maio, que durante os primeiros cen días de goberno presentaría o seu plan para facer de Escocia un estado soberano.
Este martes está previsto que faga público o informe, de sesenta páxinas, Decidimos o futuro de Escocia: responsabilidade e independencia no mundo de hoxe', que estabelece as bases para comezar a negociar co Reino Unido. O obxectivo de Salmond é convocar un referendo de independencia no ano 2010
Nos pasados comicios ao parlamento, o SNP, o partido nacionalista de Salmond, superou por primeira vez ao Partido Laborista en número de escanos (47 a 46), un grande triunfo do arredismo en Escocia.
48% de apoio social ao SNP
Nestes primeiros cen días de goberno, a formación de Salmond incrementou quince puntos as expectativas de voto, segundo unha enquisa do instituto Progressive Scottish Opinion realizada para o diario Daily Mail, que lle dá o 48% de apoio social. Esta mesma sondaxe tamén di que o 31% da poboación votaría a favor de la independencia.
O SNP goberna en minoría mais ten o apoio dos Verdes, tamén arredistas. Pola contra, o Partido Laborista, o Partido Liberal e o Partido Conservador xa comezaron a facer campaña contra a independencia.