Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
César Antonio Molina

O ministro de Cultura anuncia que colaborará co CCG

O escritor coruñés é o primeiro responsábel do departamento estatal en visitar a institución que preside Ramón Villares.

Redacción - 18:03 06/08/2007
Molina, asinando no libro de honra do CCG

Molina, asinando no libro de honra do CCG

O ministro de Cultura, o coruñés César Antonio Molina, trasladou hoxe a súa colaboración ao Consello da Cultura (CCG) na primeira visita que fai á institución un encargado da carteira estatal. Despois de manter un encontro en Monte Pío co presidente do Goberno, Molina continuou a súa primeira visita ao país dende o seu nomeamento na sede do CCG, no compostelán Pazo de Raxoi.

Molina foi recibido polo presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, os integrantes da comisión executiva e unha representación do plenario. Estiveron co ministro o presidente da Xunta e mais o delegado do goberno español, Manuel Ameijeiras.

Villares agradeceulle a visita a Molina, “ao amigo, ao escritor e home da Cultura e ao ministro” a unha institución que fará os seus 25 anos en 2008, e aludiu á pluralidade lingüística e cultural do estado, a vocación iberoamericana “e a súa especial dimensión dende Galiza”. Pola súa banda, o ministro amosou os seus mellores desexos “a esta casa que representa a cultura galega” e anunciou a súa futura colaboración con ela.

Como lembranza da súa visita, Molina recibiu un facsímile do Códice de Toledo das Cantigas de Santa María do rei Afonso X "O Sabio", editado polo CCG. O ministro é escritor e xornalista, nado na Coruña, e o primeiro de Cultura en visitar o Consello. En febreiro de 2003 estivera Pilar del Castillo, responsábel daquela de Educación, Cultura e Deporte.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: