Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Asociación PuntoGal

O Partido Popular apoia o dominio galego

Alberto Núñez Feijoo considera positivo contar cunha identificación cultural e non territorial.

Redacción - 11:31 04/08/2007
Núñez Feijoo, cos representantes de PuntoGal

Núñez Feijoo, cos representantes de PuntoGal

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, amosouse favorábel a apoiar o dominio .gal, por ser de carácter cultural e non territorial identificativo de Galiza. Na xuntanza que mantivo co presidente, o vicepresidente e mais o secretario da asociación PuntoGal, Feijoo destacou a necesidade de diferenciar a nosa cultura na rede.

Núñez Feijoo afirmou que Galiza, como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos e sociais, precisa dar un paso máis «para non perder o tren das tecnoloxías da información e da comunicación», e contar cun «espazo de identidade propia nesa inmensidade que é internet».

Para o presidente popular, contar cun dominio para a nosa cultura tamén terá implicacións positivas no eido económico e social «ao permitirnos identificar todos os contidos creados en Galiza coa mesma terminación».


4,2/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: