O secretario de Organización do PSdeG esíxella ao presidente do PP en Pontevedra pola inclusión de veciños de Arousa e do Salnés en listas municipais populares en Euskadi sen consentíreno.
Reprobou que o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, considere este feito "un erro" e non se responsabilice. Considérao "unha vulneración de dereitos dos cidadáns en que concorren circunstancias que son moi graves", e instou á Fiscalía de Pontevedra a investigar este caso.
Varela afirmou que non se trata dun "erro", senón dun "delito": a falsificación de sinaturas ou suplantación de personalidade está penado pola lei. "Ademais, é a introdución nunhas listas moi sensíbeis". Poden poñer en perigo a súa integridade, segundo asegurou Varela.