Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Piden que se revisen as medidas adoptadas

Os ilustradores galegos solidarízanse con 'El Jueves'

Consideran que o secuestro da revista é un “ataque inaceptábel á liberdade de expresión” e supón unha “censura retrógrada”.

Redacción - 17:19 26/07/2007
Cabeceira da web da AGPI, por Ictioscopio

Cabeceira da web da AGPI, por Ictioscopio

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, AGPI, rexeita o secuestro da revista satírica El Jueves e o peche da súa páxina web. Os ilustradores consideran que os feitos constitúen “un ataque insólito e inaceptábel á liberdade de expresión”, e que son unha “censura retrógrada para a democracia”.

A entidade, formada por máis de 70 profesionais do país, afirma que o secuestro e o peche do portal atentan contra a libre expresión das ideas e resultan “perigosos”. A AGPI di que hai outro tipo de procedementos máis axeitados no caso de que se cometan inxurias ou calumnias, sen ter que chegar a eses extremos.

Por todo iso, os debuxantes galegos solidarízanse cos traballadores da revista, deséxanlles que se restabeleza o seu labor e pídenlles ás autoridades que defendan os dereitos democráticos e revisen as medidas adoptadas contra El Jueves.


4,75/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: