Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día de Galiza

Causa Galiza: "Sen autodeterminación non pode haber democracia "

Arredor de tres milleiros de persoas participaron este mércores na manifestación convocada pola Plataforma Causa Galiza.

Redacción - 11:00 26/07/2007

"A previsíbel reforma estatutaria manterá Galiza amarrada e sen dereitos", sostén a plataforma, á que este mércores lle puxeron voz en Compostela Braulio Amaro e Charo Lopes, que falaron ao remate da marcha que saíu da Alameda para despois dun percorrido polas rúas da capital chegar até a Praza do Toural.

O manifesto do colectivo para este Día de Galiza falou das cancelas que na opinión dos convocantes vai sufrir Galiza na súa capacidade para decidir "sobre o seu modelo socioeconómico, sobre o cadro xurídico-político que mellor responda aos intereses da maioría ou sobre as medidas necesarias para garantir a plena normalización social do idioma".

Causa Galiza tamén quixo destacar nesta xornada que o país "seguirá sen dereito a xestionar os recursos naturais atendendo ás súas propias necesidades e non ás do exterior". "Neste sentido, o recoñecemento do dereito de autodeterminación é unha garantía fundamental dun futuro de liberdade e xustiza social, porque sen autodeterminación non pode haber democracia", expuxeron.


4,54/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: