Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xornadas Galeguía

"Os galegos somos negros"

Así o expuxo Manolo Maseda, tirando dunha frase de Antón Reixa, na presentación das xornadas "Galeguía" organizadas pola Fundación Vía Galego, dedicadas este ano a Cabo Verde.

Redacción - 10:30 26/07/2007

"Os camiños da lingua van máis alá das fronteiras imaxinarias, e eu descubrino hai 32 anos cando nacín en Burela, cando comecei a andar foi con negros, e eu síntome negro neste mundo e reitero a frase de Antón Reixa: os galegos somos negros". Así convidaba este mércores á reflexión o burelao Manolo Maseda, recordando o protagonismo da comunidade caboverdiana especialmente en Burela, onde a actividade pesqueira levou a moitas familias deste país.

Falou Maseda da súa propia experiencia ao fío da integración destes "novos galegos" de paso que a Mesa pola Normalización Lingüística presentaba as xornadas Galeguía, artelladas pola Fundación Vía Galego e co apoio da Vicepresidencia da Xunta de Galiza, a Consellaría de Cultura, a concellaría de Cultura do Concello de Santiago e a Obra Social de Caixa Galicia.

Xa que logo, este ano o evento convócase coa intención de que Cabo Verde sexa protagonista, de paso que se pula por achegarlle aos cidadáns un país do sistema lingüístico galego-portugués. No acto estivo tamén a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, quen falou da necesidade do impulso desa relación cultural cos países da lusofonía, relación da que se laiou que "por falta de iniciativa institucional, e tamén por descoñecemento, non foi até o de agora o máis estreita posíbel".


3,67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: