Algunhas entidades bancarias tamén optaron por colocar axentes de seguridade privados as 24 horas.
A delegación do goberno español en Galiza decidiu ampliar o operativo policial a poucas horas do Día da Patria. A presenza de forzas de seguridade polas rúas compostelanas é xa moi notoria dende principios da semana pasada. Ademais aumentaron os controis nas entradas da cidade e en lugares de moito tránsito, como a estación de autobuses ou de trens.
O despregamento ten que ver co temor a un atentado de Resistencia Galega. A organización independentista fixo acto de presenza nos últimos meses colocando artefactos de escasa potencia en diferentes puntos de todo o país. De feito, esta mesma fin de semana a Unión Federal de Guardias Civiles aseguraba que hai unha “ameaza real” de cara ao 25 de xullo. Nun comunicado afirman que hai indicios de que Resistencia Galega e ETA manteñen contactos.
Mentres tanto, algunhas entidades bancarias, como é o caso de Caixa Galicia, optaron por contratar gardas privados de seguridade para velar as sucursais as 24 horas do día.