Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Manterán os excesos nos interrogatorios

Os EUA evitan compromisos contra a tortura

"Salvaron incontábeis vidas", defendeu un alto cargo da espionaxe estadounidense esta fin de semana sobre as que define de "técnicas amplas" para interrogar presos.

Redacción - 09:00 23/07/2007

A orde asinada hai poucos días polo presidente dos Estados Unidos, George W.Bush, onde seica se estabelecía que o programa de de interrogatorios a detidos sospeitosos de actividade terrorista evitaría torturas foi matizada agora por altos cargos do goberno dos EUA.

Malia que un voceiro oficial da Casa Branca aseguraba que o documento fixa a prohibición de "tratamentos ou castigos crueis, inhumanos e degradantes", o director da espionaxe estadounidense, Mike McConell, explicou agora que os EUA "non se comprometen en materia de tortura". "As técnicas funcionan", defendeu McConell, asegurando que non poden considerarse estritamente tortura e que "salvaron incontábeis vidas". Os grupos en defensa dos dereitos humanos critican que o goberno Bush agocha tras de eufemismos como "técnicas de interrogatorio melloradas" o que seguen sendo prácticas ilegais.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: