Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Galiza tamén gañou todas as competicións de remo

As piragüistas galegas de kaiak polo gañan os Xogos Náuticos Intercélticos

Os Xogos Náuticos Intercélticos están a se celebrar en Morlaix, Bretaña, até o vindeiro domingo 22 de xullo.

Redacción - 11:53 19/07/2007
Os piragüistas galegos en Bretaña

Os piragüistas galegos en Bretaña

Na pasada sexta feira comezaron estes Xogos, nos que Galiza participa con deportistas das federacións de surf, piragüismo, remo, actividades subacuáticas e vela, e até o de agora os galegos obtiveron moi bos resultados.

Remo

Xa contabamos que o equipo galego gañou todas as competicións ás que se presentou, mais as mulleres senior de kaiak polo, de federación de piragüismo, gañaron tamén os Xogos Intercélticos, cun equipo integrado por Esther Puentes Berdasco, Verónica Serantes Bello, Iris Graña Mandón, Olalla Martínez Costas, Susana Costas, Cristina Romero Limeres e Rita Romero Limeres. A última carreira contra Bretaña deulles a vitoria final.

Os rapaces do kaiak polo ficaron segundos na clasificación final, tras gañarlle a Cornualles, mais perder contra Bretaña. O equipo masculino estaba formado por Jesús Abal Rodríguez, Alejandro Casal Dasilva, Miguel Fresco Torres, David García Corral e Joaquín Lafuente Espino.

Tamén en piragüismo, na modalidade de kaiak de mar, en junior masculino, con Alejandro Casal Dasilva foi segundo na primeira manga.

Na vela

En vela os resultados non foron tan bos, xa que moitos dos galegos participantes ficaron a partir do posto 35 e para abaixo -Carlos Castelao, no 35; Patricia Suárez no 38, Irene Bastón no 39; e Miguel Lence no 42.

Na Clase 420 Hugo Fernández e Sergio Crespo acabaron no posto 4; e Marta Rego e Alba Alonso no quinto posto. En canto á Clase Laser Estándar, Jano Toro foi quinto. Na Clase Laser Radial, Pablo Chavert foi décimo, Francisco Castro terminou no posto 14 e Sofia Toro no 12.

En Clase Laser 4.7, Pablo Martínez rematou no posto 12, mentres que na Clase Techno Lara Lagoa, Xurxo López, Tomás Vieito e Alexandre Bouza abandonaron, e Jaime García foi sexto.

Na web de Deporte Galego podes chegar a toda a información dos Xogos, con imaxes da delegación galega en Bretaña.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: