A empresa, do grupo EMTE, con sede central en Ourense, foi escollida pola compañía finesa Vasa Telephone Company para fornecer os seus 30.000 abonados.
A empresa Egatel, con sede en Galiza e especializada na fabricación de equipamento para televisión dixital, acaba de ser seleccionada polo operador de telefonía finés Vasa Telephone Company (VLT, grupo Finnet), para poñer en marcha toda unha rede de TDT polo país nórdico, que cubra uns 9.000 quilómetros cadrados, dando servizo a 30.000 abonados da cidade de Vasa e arredores.
A firma, que ten sede na Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia), en Ourense, e pertence ao grupo de empresas EMTE, vai poñer en marcha o sistema de subministro con tres equipos que terminará de se colocar a finais deste mes.
Todas as operacións realizáronse dende Ourense, dende o centro de operacións de Egatel en Galiza, e desprazaron a Finlandia persoal especializado da empresa para supervisar a instalación e realizar a posta en marcha do sistema, que segundo se agarda, pode que estea listo e xa funcionamento no mes de setembro.