Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
A abstención máis alta na historia da capital

O PS gaña en Lisboa uns comicios onde só votou o 37% do electorado

O candidato socialista, António Costa, será rexedor despois de obter o 29,5% dos votos.

Redacción - 00:07 16/07/2007

"Hai 31 anos que o Partido Socialista non gañaba sen coalicións a presidencia da Cámara de Lisboa", dixo António Costa na súa primeira intervención da noite despois de coñecérense os resultados.

Co 29,5% dos votos, a lista do PS sentará 6 concelleiros, tres menos dos necesarios para a maioría absoluta. Atrás e na segunda posición aparece a candidatura do ex alcalde, António Carmona Rodrígues, quen se presentara desta volta como independente e obtivo o 16,7%, o que lle outorga tres concelleiros. Tamén tres representantes terá o PSD, co 15,7% dos sufraxios.

Completan o novo escenario político municipal os dous asentos gañados pola candidatura liderada pola ex socialista Helena Roseta, e os outros dous conseguidos polos comunistas da CDU. Por último, por parte do Bloco da Esquerda só sentará o cabeza de lista, José Sá Fernandes.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: