Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O vindeiro sábado en Compostela

Bota a andar a plataforma autodeterminista Causa Galiza

Na iniciativa participan, a título individual, militantes de formacións políticas e colectivos sociais.

Redacción - 12:26 11/07/2007

O vindeiro sábado, ás 12 horas na praza de San Martiño Pinario (Compostela), vaise presentar publicamente Causa Galiza. A plataforma quere aglutinar a todas aquelas persoas que a título individual “defenden o dereito a un principio básico como é o da autodeterminación”. Á iniciativa, que leva meses xestándose, estanse a sumar tanto militantes de organizacións independentistas coma de diferentes sectores do BNG. Mais tamén hai unha notábel presenza de membros de sindicatos, organizacións ecoloxistas e doutros colectivos sociais diferen. Dende Causa Galiza explican que a iniciativa non quere ser unha mesa de partidos, por iso as adhesións son a título particular. Un dos primeiros actos conxuntos podería ter lugar o Día da Patria, logo das manifestacións partidarias.

Un dos integrantes da plataforma que está a nacer, Antón Álvarez, explica que “isto quere ser un punto de encontro entre as diferentes sensibilidades”. Segundo explicaron outras fontes que participan no proceso, a idea é crear unha plataforma tomando de exemplo o que no seu día foi Nunca Máis. O novo foro quere tender pontes entre organizacións que se recoñecen “moi diferentes”. O proceso comezou a xestarse canda o debate estatutario. Dende Causa Galiza apostan por opoñerse a calquera negociación política que non recolla no texto o dereito de autodeterminación.


4,49/5 (43 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: