Informa sobre os percorridos e as localizacións dos actos programados para as festas
A web sanferminaccesible.com ofrece información sobre as condicións de accesibilidade que presentan os principais espazos onde se desenvolven as festas de San Fermín, co obxectivo de que as persoas con mobilidade reducida poidan gozar das festas.
Segundo información facilitada pola consultora de accesibilidade Ikersare, deseñadora da web, esta páxina ofrece a información dispoñible sobre as condicións de accesibilidade dos diferentes espazos nos que se celebran as festas de San Fermín.
A información aparece localizada nun mapa de Pamplona, grazas á plataforma tecnolóxica de Geoservicios. Entre outra información, a web ofrece datos sobre prazas reservadas de aparcadoiro, servizos hixiénicos e bares e restaurantes con servizos hixiénicos practicábeis.
Tamén inclúe outra información de interese, como os percorridos do peche e da comparsa de xigantes e cabezudos ou a localización dos distintos actos programados.
Os creadores da web pretenden ampliar a información ofrecida nos próximos anos, co obxectivo de que aqueles con mobilidade reducida poidan consultar previamente a web para gozaren ao máximo das festas da capital navarra.