Ademais, despregaron na fronteira de La Jonquera a xa popular pancarta co mesmo lema e regalan autocolantes para os coches co distintivo 'CAT'.
Militantes da Joventut Nacionalista de Catalunya (JNC), organización xuvenil de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), comezaron a repartir este sábado, entre os turistas que entran en coche dende o Estado francés pola fronteira de La Jonquera (Girona), uns abanos de cartón coa silueta de Cataluña e co lema Catalonia is not Spain. This is Catalonia! (Cataluña non é España. Isto é Cataluña!).
Segundo informou JNC nun comunicado, o abano, do que se editaron uns 50.000 exemplares, repartirase ao longo do verán nos puntos máis frecuentados polos turistas, dentro da campaña que con motivo da época estival realizan cada ano.
Pancarta e autocolantes
Os abanos conteñen un parágrafo de explicación, en inglés e en francés, onde se lles dá a benvida aos turistas e se lles informa do carácter acolledor da poboación catalá e da súa vontade de se converter "nunha nación libre dentro da Unión Europea".
Ademais desta iniciativa, na ponte da autoestrada AP-7 á altura de La Jonquera (Girona) despregouse a coñecida pancarta co lema Catalonia is not Spain, popularizado por JNC, e repartíronse autocolantes coa mesma consigna e con el distintivo "CAT" para colocar nas matrículas do coche.
"Independencia dos Países Cataláns", en Baleares
Por outra banda, o presidente de ERC nas Illas Baleares e futuro conselleiro do Interior do goberno destas xurou o seu cargo o pasado sábado como membro do executivo coa frase "por imperativo legal e sen renunciar ao dereito á independencia dos Países Cataláns".
A súa compañeria de filas, Joana Mascaró, que tamén accedeu a un posto de conselleira, indicou no seu caso que non renunciaba "ao dereito de autodeterminación".