Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No barrio xiíta Cidade Sadr

O exército dos EUA mata a 26 persoas en Bagdad

Segundo un comunicado do exército, desenvolveronna madrugada do venres ao sábado dúas operacións en que mataron a 26 militantes e arrestaron a 17, sospeitosos de relacionárense con "redes terroristas iranianas".

Redacción - 10:46 30/06/2007

O comunicado indica que as operacións desenvolvéronse contra catro coches que pertencían a "células secretas de terroristas". Di tamén que durante o desenvolvemento das accións os soldados estadounidenses e iraquís enfrontáronse a numerosos disparos de armas lixeiras e a múltiples artefactos explosivos".

A policía iraquí afirma, pola contra, que foron 20 as persoas feridas e oito as mortas, e que eran civís, incluíndo tres membros dunha familia. Cidade Sadr é un barrio onde residen uns dous millóns de persoas, ao norte de Bagdad. Poden ampliar información en Al Jazzera. Neste medio, os residentes do barrio declaran que os helicópteros estadounidenses lanzaron mísiles sobre a zona.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: