Esta situación coloca ás pequenas empresas en clara desvantaxe á hora de negociar os pedimentos.
Inditex, unha das principais empresas do téxtil mundial, ten tendas por todo o planeta / Foto: sofiaandimram
Centos de pequenos talleres que orbitan arredor do xigante Inditex poderían estar en perigo a medio prazo. Un estudo que analiza este sector revela que estos talleres teñen unha dependencia moi forte do emporio de Amancio Ortega. Isto ponos nunha situación de “desvantaxe” á hora de negociar os prezos coa parte contratante.
Pilar Alonso e Román Rodríguez presentaron este mércores en Santiago o informe “Galicia, un territorio entre a innovación e o tradicional. Diagnóstico das empresas de confección e moda”. Á exesiva dependencia de Inditex tamén se suma a preocupación pola deslocalización cara países con man de obra máis barata. Os autores destacaron a importancia dun sector, moitas veces esquencido pero que supón o 10% do Produto Interior Bruto.