Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Haberá nova xuntanza

Avances na negociación PSdeG-BNG en Lugo

A renuncia do Bloque á tenencia de alcaldía única aproxima o acordo un chisco. Os nacionalistas pídenlle agora aos socialistas plena autonomía nas áreas de xestión propostas.

Redacción - 14:40 27/06/2007

A última hora do martes había mesmo dúbidas sobre a realización da reunión convocada para primeira hora deste mércores. As últimas declaracións ao respecto das respectivas propostas tanto por parte de socialistas como de nacionalistas agoiraban complicado o acordo de goberno en Lugo.


Logo dunha extensa reunión que comezou ás dez da mañá, PSdeG e BNG achegaron posicións. Para poñer máis preto o acordo, os nacionalistas concederon a posibilidade de que non exista unha tenencia de alcaldía única, malia que o acordo marco entre as dúas formacións así o fixaba e esa foi a fórmula adoptada nas outras cidades. Á beira, o BNG subliña que o PSdeG debera retirar os atrancos deseñados para, segundo denuncia o Bloque, baleirar de contido as áreas que xestionaría o BNG.

No ámbito do programa de goberno as posicións parecen máis factíbeis de aproximarse, se ben o Plan Xeral de Ordenación Municipal aparece como un obstáculo importante, logo de ser punto de enfrontamento reiterado no anterior treito municipal con maioría absoluta dos socialistas. No que lle toca ao modelo de organización e distribución de áreas PSdeG e BNG manteñen posturas máis diverxentes. A tenencia de alcaldía é un dos factores que impiden o acordo, xa que o Bloque insiste en que só haxa unha, seguindo o modelo de Santiago, e a última proposta dos socialistas non acepta este punto.


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: