Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois de deixar o cargo de primeiro ministro

Blair podería ser "enviado especial" para Oriente Próximo

A proposta dos EUA, Tony Blair podería converterse esta semana en mediador internacional no conflito palestino-israelí.

Redacción - 09:00 26/06/2007

Segundo publicou o Financial Times a decisión xa estaría tomada e a ONU, a Unión Europea, Rusia e os Estados Unidos aceptarían o nomeamento de Blair para este cargo.

Malia a perda de credibilidade para o líder debido ao seu apoio á guerra de Iraq, os promotores confiarían na súa exitosa experiencia co proceso de paz no Úlster. A iniciativa tería saído da Casa Branca que fixo presión ao respecto en UE, Rusia e ONU. No caso da Unión Europea, témese que a figura de Blair poida interferir coas propias xestións que xa son realizadas a través do representante conxunto para a política exterior, Javier Solana.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: