Foi necesario cambiar de sala: a Mozart non deu abasto para a cantidade de persoas que se achegaran até o
Auditorio para escoitaren a Ken Loach. A audiencia foi para a Ángel Brage, con maior aforo. O cineasta afirmou sorprendido que non agardaba falar para tanta xente. Cun "Boas tardes", deu comezo á súa participación no ciclo Conversascon, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
"Temo que é todo o galego que sei", engadiu xusto despois. "Como os ingleses temos a lingua do Imperio non tivemos que aprender ningunha outra". O director de
Ladybird, ladybird,
Pan e rosas ou
O vento que axita a cebada aclarou dende o comezo que non sería útil falar dos seus filmes: "Interésame máis falar do poder que o cinema pode ter".
"O maior problema no cinema actual é o restritivo da escolla, dentro da variedade. Limita o que podería ser o cinema e o que se podería facer con el. Co cinema pode facerse... todo"O cinema e o compromiso social son unha constante na súa vida. E a súa preocupación polo imperialismo, tamén cultural. "O maior problema no cinema actual é o restritivo da escolla, dentro da variedade. Limita o que podería ser o cinema e o que se podería facer con el. Co cinema pode facerse... todo". El teno feito: pórse no punto de mira da xente á que o mundo lle vira as costas. Traballadoras da limpeza, rapaces do rural irlandés que se ven obrigados a loitar polo seu, unha muller á que os servizos sociais lle quitan sistematicamente os fillos, o bando republicano na guerra civil española. A respecto de
Terra e liberdade, precisamente, comentou "a guerra civil española é un feito internacional, e vense moito mellor as montañas de lonxe que de preto".
Dende o documental ou dende unha ficción moi próxima ao real. Nunha conferencia de prensa previa afirmara xa, sobre o documental "é o xénero cinematográfico que retrata unha situación que acontecería o mesmo malia non ser gravada. Os mass media ofrécennos unha visión do mundo que sabemos que non é real. E a xente sabe que se lle está a mentir".
O colonialismo no cinemaUnha cuestión que lle preocupa especialmente é o pensamento único, tamén no cinema, a "minúscula escolla" que se nos posibilita dentro do grande espectro. "Sabemos que é posíbel ver filmes de diferentes países, pero a realidade é que estamos fronte ao McDonald's na vez de degustarmos as delicias gastronómicas do mundo enteiro. O cinema xa non é comunicación, réxese polas leis do consumo".
Tamén no encontro previo coa prensa, afirmou "a historia escríbena os poderosos, pero ela mesma reescríbese constantemente. Kundera escribira que a loita contra o poder é a loita da memoria contra o esquecemento: non hai máis que ver o que acontece en Iraq, onde se vende que se vai levar unha democracia. Xa vimos como foron destrozadas as democracias de Chile e de Indonesia. Cando os EUA din que van exportar a democracia a algures, a historia demostra que van facer calquera cousa menos iso".
A estética da violenciaRelacionado co imperialismo fílmico, non puido deixar de lado o enxalzamento da barbarie: "somos estimulados para gozar da violencia. Vou pór un exemplo dun recente filme norteamericano: moita xente somalí morre, 700.000 persoas, xente anónima. Os "bonitos" soldados norteamericanos teñen nome, son famosos, pero a outra xente non existe. Non é un filme político, só unha boa invención sobre un feito real. Os EUA véndennos as ideas de liberdade, xustiza, democracia... É unha mensaxe que nos chega sibilinamente decote. Pero sabemos que é falsa, sabemos o que pasa en Guantánamo".
Os EUA véndennos as ideas de liberdade, xustiza, democracia... É unha mensaxe que nos chega sibilinamente decote. Pero sabemos que é falsa, sabemos o que pasa en Guantánamo"A normalización da violencia como estratexia aniquiladora do pensamento foi contraposta á súa propia visión da mesma: "non é o mesmo amosar os efectos da violencia ca o feito da violencia en si". A crueza de moitos dos seus filmes non ten que ver coa violencia como divertimento, "violencia sen consecuencias", á que Hollywood ten afeito ao público: as torturas e a represión dos "black & tan" en
The wind that shakes the barley, a violencia de xénero e a dolorosa ignorancia e hipocrisía por parte da sociedade en
Ladybird, ladybird, distan moito do heroe americano matando malos. E son cousas reais. Citou un poema de Brecht para expresalo: "E eu sempre pensei que as palabras máis simples serían abondo. Con dicir como son as cousas, a calquera se lle había esgazar o corazón. Que vas a pique se non sabes defenderte. Seguro que xa o sabes".
As canles de distribuciónNunha quenda de palabras posterior á conferencia, o público tiña moitas cousas que preguntar: sobre o tratamento da emigración no cinema, sobre os filmes e autores de referencia... Así respondeu Loach a unha pregunta de plena actualidade, sobre o anteproxecto de lei do cinema e as protestas e folga dos exhibidores, por teren que reservar unha cota de pantalla para o cinema europeo e estatal, e consideraren que lles vai supor unha perda de audiencia e de beneficios: "Temos todo o dereito a defender as nosas culturas, as nosas linguas.
En canto á perspectiva dos exhibidores, se non exhibes os filmes nunca poderás crear audiencia".Tamén foi inquirido sobre a súa posición sobre a sentenza que obriga ao
Cineclube de Compostela a pagarlle 250 € a unha produtora en concepto de dereitos de exhibición, por poñeren Terra Negra, un filme de Ricardo Íscar que non estaba a ser distribuído nas salas comerciais: "que un produtor lle esixa cartos a unha asociación é mesquiño. Eu non teño problema en darlles os meus filmes aos cineclubes". O compromiso social do autor non se limita ao contido dos seus filmes, senón que abrangue as vías de comunicación co público. Ten moi clara a súa loita: "se coñecemos a verdade, temos que defendela".