A Mostra das Culturas de Boiro chega a súa edición do 2007, desenvolvéndose no Parque da Cachada ao longo do 30 de xuño e 1 de xullo. Na chamada Carpa da Diversidade instaláranse diferentes postos de artesanía e de colectivos sociais da bisbarra, e acollerá o desenvolvemento de diferentes obradoiros musicais (zanfona, txalaparta, danzas) ou de artesanía (bonecas húngaras, orfebrería), entre outras actividades. O programa é difícil condensación nestas liñas pois abrangue tamén actuacións teatrais, conferencias, presentación de eventos gastronómicos, documentais... Iso sí, como prato forte da ementa, salientar o sábado 30 á noite o concerto musical que reflicte a hetereoxeneidade e aposta pola diferenza deste encontro cultural: Kinky Beat, Triángulo de Amor Bizarro e Najwajean.