Porén, os nacionalistas cumprirán co acordo marco e Orozco tomará posesión do bastón de mando da cidade.
PSdeG e BNG decidiron este venres suspender até o vindeiro luns as negociacións para tentar pechar unha goberno de coalición, logo de que tras a segunda xuntanza desta semana non houbese un acordo definitivo.
Porén, os nacionalistas garantiron, segundo sinalou o seu voceiro, Xesús Méndez, que este sábado "cumprirán" o acordo marco subscrito polas direccións nacionais e facilitarán a investidura de Xosé López Orozco como alcalde, aínda que non aclararon se votarán a favor ou se absterán.