Polo momento, seguen a estar excluídas as cidades de La Paz, en Bolivia, e Cuzco, en Perú, ambas as dúas por riba dos 3.000.
A Comisión Médica da Confederación Sudamericana de Fútbol, Conmebol, recomendou este xoves un período de adaptación para os partidos en cidades de altura, nunha xuntanza en que se coñeceu que a FIFA decidiu aumentar a 2.800 metros sobre o nivel do mar (300 máis) a altura máxima permitido para os seus partidos oficiais.
A nova resolución da FIFA exclúe á capital de Bolivia, La Paz, situada a máis de 3.500 metros sobre o nivel do mar, e á cidade peruana de Cuzco, a máis de 3.000 metros, para acoller partidos das eliminatorias sudamericanas do Mundial de fútbol de 2010.
Recomendación da Conmebol
Pola súa banda, a Conmebol presenta este venres unha recomendación que estabelece a posibilidade de xogar entre 3.000 e 4.000 metros de altitude "previa adaptación", afirmou Ivo Eterovic, médico da Federación Boliviana de Fútbol, FBF.
De calquera xeito, os países andinos da Conmebol (Bolivia, Ecuador, Colombia e Perú) deberán presentar ante a FIFA en outubro próximo un informe onde argumenten se se pode xogar en cidades situadas por riba dos 3.000 metros.