Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CHAVE PARA SUPERAR A FENDA DIXITAL NO RURAL

Acusan ao Estado de frear a rede Wimax da Xunta

Francisco Rodríguez pide no Congreso que se permitan operadores autonómicos desta tecnoloxía porque os estatais non investiron

Redacción - 16:38 14/06/2007

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez, acaba de presentar unha pregunta na que lle demanda ao Goberno que permita a actividade de operadores autonómicos en tecnoloxía sen fíos Wimax para prestar servizo de Internet.

O deputado do BNG denuncia que “coa súa inactividade, o Ministerio de Industria está a impedir a posta en marcha por parte da Xunta de Galiza de estratexias para potenciar a tecnoloxía WiMAx para resolver os problemas de acceso a internet no rural galego e para estimular a innovación e o investimento tecnolóxico do seu proprio sector industrial”.

Os que teñen licenza non investiron
Rodríguez denuncia que "a día de hoxe o desenvolvemento desta tecnoloxía en Galiza presenta numerosas deficiencias". En concreto, critica que "os operadores existentes con dereitos sobre o espectro das bandas de 3,5 a 26 GHz, por certo, ningún deles de capital galego, non desenvolveron os seus planos de investimento e reteñen ese espectro impedindo que outras empresas o fagan".

Por iso pide ao Goberno que permita e fomente a aparición de operadores autonómicos, "que podan propoñer plans de investimento máis reducidos e non obrigar a que todas as propostas sexan de ámbito estatal".


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: