Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Organiza Solidariedade Internacional

Música para o Sáhara en Perlío

Este sábado, catro grupos soarán no campo de fútbol dos Pinares. A recadación irá para axudar ao desenvolvemento nos campamentos saharauís.

Redacción - 10:00 16/06/2007

Un grupo de veciños e veciñas de Fene, coa colaboración do CCRD de Perlío, organiza o II concerto solidario de axuda ao pobo saharauí. Este sábado, a partir das 20.30, o Campo de Fútbol dos Pinares acolle a música de Txis Punk, Dakidarría, Lady Evil, e a Víctor Aneiros Band.

Solidariedade Internacional de Galicia desenvolve proxectos de cooperación e axuda humanitaria nos campamentos do Sáhara, co fin de favorecer a súa soberanía alimentaria. Por isto, non só lles proporciona comida, mediante o envío de cereais e outros alimentos non perecedoiros, senón que bota a andar diferentes proxectos para o desenvolvemento destes emprazamentos no deserto de Alxer. Co concerto queren financiar un deless a Granxa Avícola Hussein Tamek de Rabouini.

O día do concerto poranse á venda bonos de axuda ao prezo de 3 €: A recadación destinarase ao apoio a oenegués. O evento está organizado por Solidariedade Internacional, Mercadona, Galivesa, e o CCRD Perlío.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: