A Deputación de A Coruña estudia a posibilidade de incorporar ó seu patrimonio a casa de Wenceslao Fernández Flórez. O obxectivo é recupera-la figura do escritor coa transformación do edificio nun núcleo cultural, dentro da fraga de Cecebre.
Un dos obxectivos da Deputación de A Coruña, presidida por Lendoiro, é recuperar esta casa coma área de Cultura da Deputación. Segundo explicou Felipe Senén, a institución plantexou a posibilidade de inclui-lo edificio ó patrimonio, pola importancia de Wenceslao Fernández Flórez. Felipe Senén asegurou que Lendoiro estaba moi interesado na recuperación deste anaco de patrimonio histórico da provincia, coa axuda da Fundación Fernández Flórez. Pero os responsables da Deputación aseguraron que o obxectivo non é converte-la casa nun museo, senón nun centro cultural activo. Segundo Felipe Senén, a casa ofrece moitas posibilidades, aínda que nos últimos anos o recinto deteriorouse moito e o terreo está dividido polo paso dunhas estradas. Coa súa adquisición, a Deputación quere cumplir coa súa filosofía de recuperación do patrimonio provincial. Rubén Barrán