Diante da decisión do xulgado de Ferrol de confirmar a prisión incondicional sen fianza do patrón maior da confraría de mariscadores de Ferrol, a Asociación Pola Defensa da Ría manifesta a súa máis profunda solidariedade con Bernardo Bastida e esixe a súa inmediata posta en liberdade. O “delito” de Bastida é loitar, xunto con milleiros de cidadáns de Ferrol, pola defensa dos recursos naturais da Ría de Ferrol e a seguridade da súa poboación.
A APDR fai un chamamento aos cidadáns de Pontevedra e as organizacións sociais e políticas a apoiar e participar nunha concentración o venres, 8 de xuño, ás 20:30 h. na Praza da Peregrina para esixir a súa inmediata liberdade e manifestar a nosa solidariedade coa xusta loita que está a desenvolver o pobo Ferrolán.