Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Para daquela comezará as obras a de Ence

A papeleira uruguaia de Botnia comezará a funcionar a finais de ano

Co conflito con Arxentina aínda sen pechar o goberno uruguaio anuncia a inauguración da planta finlandesa. Mentres, a presión social conseguiu modificar a ubicación da celulosa de ENCE.

Redacción - 09:00 07/06/2007

Desde a pasada semana delegacións de Arxentina e Uruguai reúnense en Nova York nunha serie de encontros de tipo fundamentalmente técnico nos cales se debate sobre a planta de Botnia, causa agora mesmo do conflito entre ambos gobernos.

De xeito paralelo, na Corte Internacional segue aberto o proceso contra o goberno uruguaio froito da denuncia do executivo arxentino, que acusa ao de Tabaré Vázquez de violar o tratado conxunto sobre a ribeira fronteiriza.

Ao tempo, esta semana o viceministro uruguaio de Medio Ambiente, Jaime Igorra, anunciou que entre finais de outubro e comezos de novembro, a factoría da finlandesa Botnia quedará lista para iniciar o seu funcionamento. Para daquela, está previsto que o operativo despregado no contorno se traslade á localidade a onde se mudou o proxecto de Ence, na procura de afrouxar as protestas.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: