Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Tras trinta anos de loita

O Supremo de Brasil manda desocupar un territorio reservado aos indíxenas

O tribunal desestimou o recurso a un decreto de Lula da Silva que en 2005 homologaba a creación da reserva Raposa do Sol.

Redacción - 18:15 06/06/2007
Os indíxenas celebraron esta terza a decisión do Supremo Tribunal

Os indíxenas celebraron esta terza a decisión do Supremo Tribunal

O Supremo Tribunal Federal, STF, de Brasil ditou este luns unha sentenza que despexa a vía para a creación dunha das maiores reservas indíxenas do país. O territorio conta con numerosas plantacións arroceiras nas que viven uns 7.000 colonos no indios.

Os maxistrados do principal tribunal brasileiro rexeitaron un recurso que cuestionaba o decreto do presidente Luiz Inácio Lula da Silva que homologaba en 2005 a creación da reserva Raposa Serra do Sol, un territorio indíxena na Amazonia con 1,7 millóns de hectáreas.

A decisión resolve que os arroceiros que permanecen na reserva amparados por decisións xudiciais teñen que abandonar o territorio situado no estado de Roraima, no norte de Brasil e fronteirizo con Venezuela.

Ameazas dos arroceiros
De negárense eses cultivadores de arroz a obedecer a orde de desaloxo, a Fundação Nacional do Índio, FUNAI, pode autorizar o uso da forza para expulsalos.

"Durante 30 años loitamos para que esas áreas fosen transferidas ás comunidades indíxenas. Foi unha loita moi difícil na que moitos dos nosos sufriron a morte e as ameazas dos arroceiros", sinalou Terencio Salamao, líder da etnia Wapixana.

A Raposa Serra do Sol posúe unha poboación de 18.751 indíxenas que viven de acordo coa súa organización social, usos, costumes e tradicións en 194 comunidades dos pobos Macuxi, Taurepang, Patamona, Capon e Uapixana, e é a segunda maior de Brasil, despois da que teñen os Ianomâmis (9,6 millóns de hectáreas), tamén en Roraima.


4,78/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: